SAUDAMOS DE NOVO Á HOLI GAIÁS!
Volve á Cidade da Cultura a carreira máis divertida, colorida e familiar de Galicia!
Benvidos á Holi Gaiás 2022
O sábado 4 de xuño a Cidade da Cultura volve acoller unha nova edición, a cuarta (a última celebrouse no 2019) da Holi Gaiás, unha carreira lúdica, de carácter familiar e festivo na que, ademais das ganas de facer unha actividade deportiva, tamén cómpre vir con ánimo de pasalo ben ao son da música e con alegría para fozarse coa poeira de cores.
A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable en grupo, en familia, coas amizades, nun espazo tan vistoso e singular como é o monte Gaiás.
Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festeiro e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India. E que mellor que nesta ocasión, na que vimos dunha situación de convivencia complicada, para volver a vernos e gozar da compañía e do aire libre, divertíndonos todos xuntos, con coidado e precaución, pero coma sempre.
A proba, que consta de 5 kilómetros aproximadamente nas inmediacións da Cidade da Cultura, conta con dúas categorías, a infantil e a de persoas adultas. Para participar debes incribirte segundo as instrucións que atoparás nesta páxina.
INSCRÍBETE NA TÚA CATEGORÍA
- Inscricións en Ataquilla.com (ou no Museo Centro Gaiás)
- Infantil: rapazada nada entre o 2007 e o 2012.
- Adultos: persoas nadas en 2006 e anos anteriores.
PREMIOS
Aínda que a esencia da carreira é máis festiva que competitiva, haberá premios para:
- 3 primeiros clasificados na categoría infantil masculina.
- 3 primeiras clasificadas na categoría infantil feminina.
- 3 primeiros clasificados na categoría adulta masculina.
- 3 primeiras clasificadas na categoría adulta feminina.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Consulta o regulamento e protección de datos aquí.
- Consulta o circuíto en www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal
![]() |
![]() |

202.7 KB |