A fotografía é unha arte que xurdiu da inquedanza das persoas por gardar imaxes e momentos. A miúdo, para o usuario de a pé resulta difícil comprender cal é o seu funcionamento polo que este obradoiro permitiranos entendelo un pouco mellor.
Así mesmo, a través dun xogo reconstruiremos a historia do retrato no século XX, partindo das primeiras cámaras que percorrían os pobos para inmortalizar aos nosos devanceiros ata os actuais selfies.
