Nomes imprescindibles do folk galego daranse cita en xuño na Cidade da Cultura de Galicia no Foliadón do Serán’01, o I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional. Esta gran foliada reunirá ao longo de cinco horas a centos de artistas sobre o escenario.
Actuarán man a man artistas galegos consagrados, grupos de música e baile tradicional e informantes –persoas procedentes de aldeas de toda Galicia, auténticos transmisores da nosa cultura tradicional–, nunha noite de música e baile na Praza Central do Gaiás.
Artistas:
- Ugía Pedreira
- Davide Salvado
- Susana Seivane
- Uxía
- Tanxugueiras
- Os Melidaos
- Leilía
- Xosé Manuel Budiño
Grupos:
- Xiradela
- Raigañas
- Lagharteiras
- Xacarandaina
- Donaire
- Cantigas e Agarimos
- O Fiadeiro
- Arume de Verdillo
- As Rinchonas
- Trébede
Informantes:
- Procedentes das catro provincias galegas
A entrada é libre e de balde. Pode consultarse o programa detallado do Serán’01, o I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional na área de descargas deste mesmo web.
