FIT 2026 | Curso de Formación Específica en Improvisación Teatral

A Cidade da Cultura acolle o FIT 2026, Curso de Formación Específica en Improvisación Teatral, do 28 de xullo ao 29 de agosto de 2026. Trátase dun curso intensivo deseñado para ofrecer unha preparación integral na disciplina escénica da improvisación teatral que inclúe formación teórica e práctica.

O programa combina talleres, clases e masterclasses impartidas por profesorado especializado, abordando distintas ferramentas da interpretación e da creación escénica. A formación complétase cunha mostra final de procesos, na que se pon en práctica o traballo desenvolvido ao longo do curso.

Cun total de máis de 140 horas de clases impartidas por docentes de renome internacional, o FIT é unha oportunidade única en Europa para profesionalizarse na disciplina da improvisación teatral.

O FIT desenvólvese desde 2024 baixo a dirección de Antón Coucheiro (Festival Imperdible), Gala Martínez-Romero (Modo Impro) e Feña Ortalli (Global Impro); e conta co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura de Galicia.

Máis información na web do FIT 2026.

 

 
Música & Escena
 
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
15 Xul 2026
A partir das 20:30 horas