Festival Folclórico Serán'01

O baile será o gran protagonista do Serán'01 e xa na noite do venres, un gran Festival Folclórico congregará na praza central do Gaiás a centos de asistentes para un espectáculo único.Sobre as táboas, oito agrupacións históricas do folclore galego farán resoar os ecos da tradición galega entre os vangardistas edificios proxectados por Peter Eisenman.

Así, contarase coa participación de:

  • Cántigas e Frores (Lugo)
  • Brincadeira (Santiago)
  • Eidos (A Coruña)
  • O Fiadeiro (Vigo)
  • Castro Floxo (Ourense)
  • Xacarandaina (A Coruña)
  • Cantigas e Agarimos (Santiago)
  • Lembranzas Galegas (Vigo)

A entrada é libre e de balde. Pode consultarse o programa detallado do encontro na área de descargas deste mesmo web.