Experimentia de Verán 2023 | Espazo lúdico ao redor das artes

Experimentia é un espazo lúdico que traballa ao redor das artes. Nesta edición de verán focaliza os traballos ao redor do feito fotográfico aproveitando a exposición de Nicolás Muller no Museo Centro Gaiás, e inclúe unha pequena actuación no momento central da mañá conectando con outras artes como a música ou o teatro.

A actividade desenvolverase de 11 a 14 horas dende o 11 ao 22 de xullo (con acceso libre ata completar capacidade) co obxectivo de xerar un espazo lúdico no que as familias poidan deixar á cativada (a partir de 6 anos) mentres que realizan actividades nas que os pequenos non poden participar ou que non están adaptadas ás súas idades.

Os obradoiros queren achegar o mundo da fotografía á cativada dende unha perspectiva integradora e divertida a base de xogos dinámicos.

A proposta organízase da seguinte maneira cada día:

  • De 11.00h a 12.00h OBRADOIRO
  • De 12.00h a 13.00h EN ESCENA
  • De 13.00h a 14.00h XOGANDO

1ª SEMANA | Martes 11 a domingo 16 xullo


1ª SEMANA | 11-16 xullo OBRADOIRO  EN ESCENA XOGANDO
Martes 11 Crebacabezas con fotografías Ángeles Goás "Unnsaco de contos" Paseamos cun visor fotográfico construído por nós
Mércores 12 Crea o teu marco de fotos Dani García "A maxia de Dani García" Facemos fotografías traballando o encadre 
Xoves 13 Ilusións ópticas Cé Orquestra "A voar" Facemos unha cámara chaveiro
Venres 14 Cores e emocións Kote Malabar "Cirkote" Creamos un colgador de fotos
Sábado 15 O vento e as fotografías Patty Diphusa con "Superharte" Movementos mediante a música para plasmala na arte
Domingo 16 Figuras de barro, luz e foto Tarabelos con "Debulendo lendas" Superposición de cores con papel celofán
 

2ª SEMANA | Martes 18 a sábado 22 xullo


2ª SEMANA | 18-22 xullo OBRADOIRO  EN ESCENA XOGANDO
Martes 18 Colaxe retratos artísticos 3D Pillaband "A árbore dos desexos" Traballamos as emocións que aparecen nas fotos
Mércores 19 Superposición de imaxes Rudi Dudi "Clownamorado" Teatro de sombras
Xoves 20 Manualidades partindo dunha foto Vero Rilo "Elas" Traballamos a inspiración
Venres 21 Vidrieiras de cores para ver os efectos na cor Paco Nogueiras "Brinca vai" Álbum de fotos en pequenos, coidamos as nosas imaxes
Sábado 22 Observar os efectos da imaxe en movemento Bandullo Azulo "Fazulas e o ladrón de paraugas" Elaboración dun traumatropo (xoguete óptico)
 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas