Experimentia é un espazo lúdico que traballa ao redor das artes. Nesta edición de verán focaliza os traballos ao redor do feito fotográfico aproveitando a exposición de Nicolás Muller no Museo Centro Gaiás, e inclúe unha pequena actuación no momento central da mañá conectando con outras artes como a música ou o teatro.
A actividade desenvolverase de 11 a 14 horas dende o 11 ao 22 de xullo (con acceso libre ata completar capacidade) co obxectivo de xerar un espazo lúdico no que as familias poidan deixar á cativada (a partir de 6 anos) mentres que realizan actividades nas que os pequenos non poden participar ou que non están adaptadas ás súas idades.
Os obradoiros queren achegar o mundo da fotografía á cativada dende unha perspectiva integradora e divertida a base de xogos dinámicos.

A proposta organízase da seguinte maneira cada día:
- De 11.00h a 12.00h OBRADOIRO
- De 12.00h a 13.00h EN ESCENA
- De 13.00h a 14.00h XOGANDO
1ª SEMANA | Martes 11 a domingo 16 xullo
| 1ª SEMANA | 11-16 xullo | OBRADOIRO | EN ESCENA | XOGANDO |
| Martes 11 | Crebacabezas con fotografías | Ángeles Goás "Unnsaco de contos" | Paseamos cun visor fotográfico construído por nós |
| Mércores 12 | Crea o teu marco de fotos | Dani García "A maxia de Dani García" | Facemos fotografías traballando o encadre |
| Xoves 13 | Ilusións ópticas | Cé Orquestra "A voar" | Facemos unha cámara chaveiro |
| Venres 14 | Cores e emocións | Kote Malabar "Cirkote" | Creamos un colgador de fotos |
| Sábado 15 | O vento e as fotografías | Patty Diphusa con "Superharte" | Movementos mediante a música para plasmala na arte |
| Domingo 16 | Figuras de barro, luz e foto | Tarabelos con "Debulendo lendas" | Superposición de cores con papel celofán |
2ª SEMANA | Martes 18 a sábado 22 xullo
| 2ª SEMANA | 18-22 xullo | OBRADOIRO | EN ESCENA | XOGANDO |
| Martes 18 | Colaxe retratos artísticos 3D | Pillaband "A árbore dos desexos" | Traballamos as emocións que aparecen nas fotos |
| Mércores 19 | Superposición de imaxes | Rudi Dudi "Clownamorado" | Teatro de sombras |
| Xoves 20 | Manualidades partindo dunha foto | Vero Rilo "Elas" | Traballamos a inspiración |
| Venres 21 | Vidrieiras de cores para ver os efectos na cor | Paco Nogueiras "Brinca vai" | Álbum de fotos en pequenos, coidamos as nosas imaxes |
| Sábado 22 | Observar os efectos da imaxe en movemento | Bandullo Azulo "Fazulas e o ladrón de paraugas" | Elaboración dun traumatropo (xoguete óptico) |

