Empaquetados | Gaiás en xogo 2026

Cartón reciclado e un feixe de rapazada creativa son os ingredientes deste laboratorio no que as persoas participantes poden construír, experimentar e transformar o espazo mediante o xogo e a intervención colectiva.

Nunha actividade aberta á creatividade espontánea e á cooperación, convidámosvos a construír estruturas de letras xigantes para poboar o Museo Centro Gaiás. Unha proposta divertida e artística partindo dun material de refugallo tan común como o cartón, que busca concienciarnos sobre os residuos que xeramos e como podemos darlle unha segunda vida mellorando a nosa pegada medioambiental.

Basurama

Este proxecto está desenvolvido polo colectivo Basurama, dedicado á investigación e creación no ámbito cultural e ambiental, con especial atención á reutilización de materiais e aos procesos de transformación do espazo público. Promovendo a experimentación e a aprendizaxe a través do xogo, o seu enfoque céntrase na participación libre, na exploración e na promoción de valores como a horizontalidade e a inclusión.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)