El Sastrecillo Valiente

El sastrecillo valiente, un dos contos clásicos dos irmáns Grimm, convértese da man da compañía de teatro Etcétera nun espectáculo musical para monicreques co que gozará toda a familia. A historia dun home sinxelo que por un malentendido acada poder e fortuna ensínanos a non guiarnos por falsas apariencias e buscar probas para perseguir a verdade.

En coprodución co Teatro Real, Etcétera, ABAO-OLBE e o Festival Internacional de Música y Danza de Granada, El Sastrecillo Valiente toma como punto de partida a obra musical de Tibor Harsanyi, partitura para monicreques realizada en 1950 para oito instrumentistas que conta esta historia épica, tenra e graciosa. Cos protagonistas creados a partir de elementos propios dunha xastrería, monicreques, obxectos, sombras, proxeccións de vídeo e actrices póñense ao servizo dunha obra musical, ofrecendo  unha versión contemporánea deste conto clásico.

Ficha artística

De Tibor Harsányi |Dirección de escena, escenografía e monicreques: Enrique Lanz | Dramaturxia: Enrique Lanz e Yanisbel Victoria Martínez |Iluminación: Lía Alves | Dirección de actores: Jorge Ferrera |Coprodución: Teatro Real, Etcétera, ABAO-OLBE e Festival Internacional de Música y Danza de Granada | Coa colaboración de: Parque de las Ciencias de Granada |Músicos: Pablo Navarro (Violín), Julia Torralba (Violonchelo), Pilar del Campo (Frauta), Cristina Martín (Clarinete), Delia Nerea Bastida (Fagot), Jesús Cabanillas (Trompeta), David González (Percusión), Alexis Delgado (Piano) | Actrices: Noche Diéguez, Yanisbel Victoria Martínez |Titiriteros: Araceli García, Carlos Montes, Álvaro Ortega | Asistencia ao deseño de obxectos: Araceli García, Carlos Montes, Mariana Piñar |Realización de monicreques e escenografía: Victor Alcalá, Fátima Sahara Castillo, Araceli García, Ana Lanz, Enrique Lanz, Carlos Montes, Mariana Piñar, Óscar Ruiz, Cuca Vidal, Carlos Villarraso | Costura: Fátima Sahara Castillo | Construción de fontes de luz: Boualeme Bengueddach | Pos-producción de vídeos: Merlí Borrell

Etcétera, Premio Nacional de Artes Escénicas

Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade 2014, Etcétera é unha compañía fundada en 1981 en Granada por Enrique Lanz e Fabiola Garrido. A  excelencia e versatilidade do seu traballo convértena nun referente do teatro contemporáneo español.  Colaboradora do Gran Teatre del Liceu de Barcelona e do Teatro Real de Madrid, Etcétera é a compañía líder en España na escenificación de obras musicais con monicreques para todos os públicos.

Etcétera estreou diferentes espectáculos entre os que destacan Sypnosis (1985), Trans (1990), Pedro y el lobo (1997), La serva padrona (1998), Historia de Babar el elefantito (2001), Soñando el carnaval de los animales (2004), El retablo de maese Pedro (2009), La caja de los juguetes (2009), El alma del pueblo (2013) ou El sastrecillo valiente (2013), todas elas cun significativo éxito por parte do público e crítica. 

 
En familia
 
 
 
00:00