Dores Tembrás

Dores Tembrás (Bergondo, 1979) é doutora en Filoloxía pola UDC e especialista na obra da poeta Alejandra Pizarnik. En 2009 publicou o seu primeiro poemario O pouso do fume, en 2012 O peizoque Roque, e en 2013 faise co galardón Premio de Poesía Concello de Carral, coa obra Cronoloxía da urxencia, que se publica en 2014 no selo Espiral Maior. A súa obra aparece recollida en diversas antoloxías e obras colectivas.

Está a piques de saír a súa contribución nunha obra monográfica sobre a poeta arxentina, editada por Cristina Piña, onde se recollen nove estudos de investigadoras especializadas na obra pizarnikiana.

En 2014 funda xunto á escritora Antía Otero o proxecto cultural ‘Apiario’, cunha área dedicada á formación, con cursos de escrita creativa e poética, e outra á edición de libros. En ambas acadandiferentes recoñecementos e galardóns ao longo destes anos.

A súa intervención neste concerto permitiralles ás persoas asistentes coñecer as novas formas de interpretar estes repertorios e actualizar a súa comprensión tanto no seu estilo como na forma de executalo, tanto a nivel vocal como instrumental.