A reforestación que se está a realizar no Bosque de Galicia está a dar os seus froitos, pero estes non se limitan a ver crecer as novas árbores e conservar as xa existentes. Ao redor destas intervencións estase creando un micosistema que é un grande medidor da evolución do novo pulmón da cidade.
En Cidade Verde, da man da Sociedade Micolóxica Lucus e coa colaboración do Proxecto Landra descubriremos a grande importancia do non visible para poder admirar máis o visible.

