A exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido contará durante este último trimestre do ano cun ciclo de conferencias cos que profundar na historia, contexto sociolóxico, modos de vida e patrimonio natural e fluvial das doce tribos da Amazonia venezolana.
Programa
Martes, 22 de outubro: A alma das mans. A cestaría indíxena das tribos do Orinoco e a súa relación coa mitoloxía e o xamanismo.
Marie-Claude Mattéi-Müller, antropóloga-etnógrafa autora do ensaio sobre cestaría do Amazonas, pronunciará unha conferencia sobre a cestaría das tribos do Amazonas e o seu contexto sociolóxico.
Martes, 5 de novembro. A relación entre o patrimonio fluvial e modos de vida da conca do Orinoco e Galicia será abordada nunha dobre conferencia a cargo de:
- Fernando Cobo. A Orinoquia e Galicia. Contrastes e semellanzas da súa rede fluvial.
- Alexis de Arce. Xentes entre ríos. Os modos de vida na Galicia fluvial.
Martes, 10 de decembro: Encontro entre civilizacións.
Domingo González Lopo, profesor de Historia Moderna especialista en Historia de América. No terceiro viaxe de Cristóbal Colón descóbrese Venezuela. A partir deste feito histórico, a conversa tratará o encontro/confrontación entre culturas, a colonización, as teorías de defensa do indio…