Descubre os tesouros ocultos da biblioteca con Balbino | Obradoiro | Día das bibliotecas 2023

A Biblioteca de Galicia organiza o obradoiro Descubre os tesouros ocultos da biblioteca con Balbino para celebrar o Día das Bibliotecas. Con esta proposta a cativada construirá escenarios e personaxes en papel para despois representar historias. A actividade desenvólvese con diferentes medios conectando as artes plásticas coa literatura e o teatro. Mostrarase como crear personaxes a través da técnica do frottage para evitar reproducir figuras estereotipadas e potenciar a creatividade mediante o xogo simbólico. Finalmente os pequenos e pequenas xogarán a representar historias creando un diálogo entre Balbino e os personaxes creados no espazo da biblioteca.

Un obradoiro para crear, inventar e descubrir a arte que levas dentro!

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas