Debuxando as formas da Cidade da Cultura

O 1º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe 'Compostela Ilustrada', trae a Cidade da Cultura ao ilustrador gaditano Joaquín González Dorao, que  lles ensinará aos asistentes como enfrentarse a un caderno en branco para debuxar.

Propoñémoslle ás familias que nesta actividade se deixen levar polas suxerentes formas dos edificios da Cidade da Cultura- liñas curvas, dobres alturas, ventanas infinitas, ausencia de cor, natureza, paisaxe, vistas da cidade… - a través da técnica deste prestixioso debuxante para lograr reproducir de maneira sinxela o complexo deseñado polo arquitecto Peter Einsenman.

Joaquín Gónzalez Dorao é ilustrador profesional e autor de cadernos de viaxe de distintos lugares do mundo. Nas súas obras mestúranse as súas dúas paixóns: a acuarela e a viaxe, aspectos que combina desde que empezou a moverse polo mundo, alá polos anos 80 do pasado século. Visitou os cinco continentes e desas viaxes saíron un feixe de libros publicados nas mellores editoriais especializadas.