O ourensán Daniel Minimalia presenta en Atardecer no Gaiás o seu traballo Cuentos Sonoros, traballo ecléctico que transita por xéneros que van desde o clásico ao new age, a música étnica, pop ou rock sinfónico nun directo diferente que introducirá ao público na súa fantía sonora.
Goza deste conxunto de melodías que narran pequenos relatos, historias que teñen a guitarra como actor principal, arroupada sempre por diversos instrumentos como o baixo, a batería, a percusión, a voz, o piano e os teclados, que non se limitan a ningún xénero musical concreto.
+ info: www.danielminimalia.com



