Criaturas mariñas: do océano á pantalla

Nesta actividade os participantes poderán coñecer algunhas criaturas mariñas misteriosas protagonistas do cinema de ciencia ficción. A través dunha charla dinámica farase un repaso pola maioría delas, dende as que foron lendas no século de ouro da navegación ata as criaturas protagonistas da ciencia ficción. Luras xigantes, baleas con sentimentos de vinganza, extraterrestres con morfoloxías mariñas, reptiles mariños monstruosos...serán algúns dos exemplos das temáticas a tratar.

Na segunda parte do obradoiro farase un pequeño xogo, “realidade ou ficción”, no que os participantes terán que adiviñar se a imaxe proposta pertence a un animal real ou se é unha creación ficticia.

A actividade completarase cunha experiencia práctica na que empregando lupas estereoscópicas (binoculares), os participantes poderán observar e coñecer de primeira man criaturas mariñas pertencentes ao plancto, que nalgúns casos foron fonte de inspiración de famosas criaturas protagonistas da ficción.

Obradoiro dentro das actividades do Mes da ciencia.