Corda e Recorda

Público | Infantil (+ 3 anos)

Duración | 50 min. aproximadamente

Instrumentos en escena | Violín, viola, violonchelo, contrabaixo e guitarra

'Corda e Recorda' pretende ser un concerto didáctico no que os nenos aprendan a distinguir os diferentes sons. Os intérpretes xogan coa sonoridade dos distintos instrumentos e ofrecen continuas sorpresas sonoras, ademais de achegarlles os instrumentos aos nenos e interpretar, entre outras, varias pezas de Béla Bartók, Schubert, e Mozart.

 

 
En familia
 
5 set 2026
De 17:00h a 20:00h