Concurso infantil de postais de Nadal

A Cidade da Cultura anima a cativada da casa a pintar o seu Nadal no Gaiás no seu xa tradicional concurso de postais. Dirixido a nenos e nenas entre 0 e 9 anos, o folleto para participar pode descargarse aquí.

O concurso está aberto ata o 30 de decembro e as postais poden enviarse por correo ordinario (Museo Centro Gaiás. Cidade da Cultura de Galicia Monte Gaiás s/n 15707 – Santiago de Compostela)  ou depositarse directamente na caixa de correo da ‘Cidade do Nadal’.

As seis máis orixinais recibirán un agasallo, que se lles entregará o 4 de xaneiro ás 17:30 horas, antes do espectáculo A nena dos pardais, co que recibiremos o novo ano no Gaiás.