Concerto clausura 'As miradas de Isaac' | Grupo Instrumental Siglo XX

O Museo Centro Gaiás quere despedir cun acto especial a exposición As miradas de Isaac, tras unha estadía de seis meses (inaugurouse en novembro de 2020) na Cidade da Cultura. En breve, comezará un programa de itinerancias, que levará esta completa mostra á Coruña e a Vigo, para deste xeito dar a coñecer noutros puntos da comunidade a grande exposición coa que a Xunta de Galicia quixo homenaxear a Díaz Pardo co gallo do centenario do seu nacemento (1920-2020).

Deste xeito, o andar -1 do Museo Centro Gaiás acollerá un concerto do cuarteto de corda Grupo instrumental Siglo XX con composicións de Carlos López García-Picos,Octavio Vázquez, Paulino Pereiro e Juan Durán.

 Grupo Instrumental Siglo XX

Florian VLASHI, violín

Enrique IGLESIAS, violín

Raymond ARTEAGA, viola

Raúl MIRÁS, violonchelo

 

 

                                                                   PROGRAMA

Carlos López García-Picos:

  •  'Monodía' para violín solo

Octavio Vázquez:

  •  'Galician Folk Dances' para violín e violonchelo

1 Marcha Processional dÓs Mato

Costureirinha Bonita

3 Alvorada de Pontevedra

4 Imos Indo

5 Carvalhessa

6 Muïnheira de Ponte Sam-Paio

Paulino Pereiro:

  • 'O café de espellos' Op. 29 | Música escénica para trío de violíns

1 O café a noite

2 As sombras nos espellos poboan o café

3 Hai cabaleiro que agarda una dona

4 Algún amigo con quen parolar

5 O café á mañán

Juan Durán:

'Divertimento' para cuarteto de corda

1 Leggiero ma con brio

2 Andante sostenuto

3 Marcatísimo con brio

4 Andante grazioso

5 Presto con fuoco