O Museo Centro Gaiás quere despedir cun acto especial a exposición As miradas de Isaac, tras unha estadía de seis meses (inaugurouse en novembro de 2020) na Cidade da Cultura. En breve, comezará un programa de itinerancias, que levará esta completa mostra á Coruña e a Vigo, para deste xeito dar a coñecer noutros puntos da comunidade a grande exposición coa que a Xunta de Galicia quixo homenaxear a Díaz Pardo co gallo do centenario do seu nacemento (1920-2020).
Deste xeito, o andar -1 do Museo Centro Gaiás acollerá un concerto do cuarteto de corda Grupo instrumental Siglo XX con composicións de Carlos López García-Picos,Octavio Vázquez, Paulino Pereiro e Juan Durán.
Grupo Instrumental Siglo XX
Florian VLASHI, violín
Enrique IGLESIAS, violín
Raymond ARTEAGA, viola
Raúl MIRÁS, violonchelo
PROGRAMA
Carlos López García-Picos:
- 'Monodía' para violín solo
Octavio Vázquez:
- 'Galician Folk Dances' para violín e violonchelo
1 Marcha Processional dÓs Mato
2 Costureirinha Bonita
3 Alvorada de Pontevedra
4 Imos Indo
5 Carvalhessa
6 Muïnheira de Ponte Sam-Paio
Paulino Pereiro:
- 'O café de espellos' Op. 29 | Música escénica para trío de violíns
1 O café a noite
2 As sombras nos espellos poboan o café
3 Hai cabaleiro que agarda una dona
4 Algún amigo con quen parolar
5 O café á mañán
Juan Durán:
'Divertimento' para cuarteto de corda
1 Leggiero ma con brio
2 Andante sostenuto
3 Marcatísimo con brio
4 Andante grazioso
5 Presto con fuoco
