Tirastedes proveito destes meses do obrigado #quedanacasa para cociñar pratos cos pequenos e pequenas da familia? Seguro que si! Por iso, agora podedes xuntos/as dar un chanzo máis na vosa destreza na arte dos fogóns con receitas animadas e sinxelas, e non por iso menos saborosas, para preparar e papar coa cativada, grazas ás nosas Cociñeiras ilustradas! Cada sábado contades cun novo e larpeiro plan de fin de semana que vos vai resultar un xeito divertido de achegarlles aos vosos nenos e nenas a cociña e o coñecemento de alimentos e hábitos saúdables, que son moi importantes na súa nutrición e crecemento.

Todos os sábados [do 13 de xuño ao 11 de xullo] ás 10 horas contades con dúas vídeo-receitas animadas por cinco recoñecidas ilustradoras galegas [ Nuria díaz, Ana Varela, Laura Tova, Ángeles Díaz-Axouxeres e chisqueiros e Dani Padrón], que son as encargadas de darlle vida cos seus divertidos e fantásticos debuxos a ricos xantares, ceas, merendas ou sobremesas, preparadas polos cociñeiros da Escola de Hostalaría Belarmino Fernández. Sober (Lugo): Xenxo Pereiro, Santiago Martínez, David Cidre e Miguel A. Caruncho.
Nada en 1987 en A Coruña, cidade na que reside e traballa actualmente. Desde ben nena foi unha apaixonada da pintura e o debuxo, o que a leva a estudar Belas Artes na Facultade de Pontevedra. A partir de 2015, comeza a dedicarse á ilustración de forma profesional, enfocando a súa ctividade principalmente cara á ilustración infantil e colaborando con diferentes editores e clientes de todo o mundo. Nos seus proxectos adoita experimentar con diferentes técnicas e estilos na procura de versatilidade, xogando coas posibilidades que ofrece o debuxo
|
ANA VARELA | 13 XUÑO
.
|
![]() |
|
ÁNGELES DÍAZ | 20 XUÑO
Co alterego Axóuxeres e chisqueiros, esta coruñesa (1989) é xeradora de historias a través da educación artística de día e contadora gráfica, a través da ilustración, á noite. Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e mestrado de educación na Universidade da Coruña. Axóuxeres e chisqueiros xorde como resposta a todas esas historias gardadas nun caixón desde pequena e ás ganas de contar con imaxes.
|
![]() |
|
DANI PADRÓN | 27 XUÑO
Ourense, 1983. Arquitecto pola ETSA da Coruña, chegou á ilustración a través da caricatura e da banda deseñada. Desde 2011 suma máis dunha trintena de libros. Ten recibido, entre outros, os premios Pura e Dora Vázquez (2011), o Isaac Díaz Pardo (2014) e o International Latino Book Award (2016) na categoría de libro infantil. Participou na Bienal de Bratislava 2015. |
![]() |
|
NURIA DÍAZ| 4 XULLO
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo no 2006. Máster en Arte e Comunicación en Santiago de Compostela. Tras rematar os seus estudos traballou no eido do deseño gráfico en distintas empresas. No 2010 gaña o premio de Ilustración Pura e Dora Vázquez da Deputación de Ourense e a partir de aí comeza a traballar no mundo da ilustración, dedicándose sobre todo ao ámbito editorial e publicitario.
|
![]() |
|
LAURA TOVA | 11 XULLO
Carballo, 1989. Formada en ilustración na EASD Pablo Picasso comeza co seu proxecto de deseño de producto no 2014, para posteriormente introducirse no mundo do deseño e ilustración publicitaria. Participa en diversas iniciativas de arte urbano como Derrubando Muros con Pintura, Rúar e rir ou Derrubando Muros para ver o Mar en Coruña. Imparte obradoiros e destaca o seu proxecto de autoedición “Voantes” onde conflúen a ilustración e a escultura cunha profunda carga filosófica nun estilo minimalista e naïf. En 2018 ilustra “Música no Faiado” coa editorial Xerais e escrito por Miguel Ángel Alonso Diz. |
|




