Cociñando con bolboretas no bandullo

Poucas cousas hai máis prancenteiras que papar e desgustar as máis saborosas lambonadas, mais neste obradoiro imos ir máis aló.

Gozaremos, como non! da creatividade gastronómica, traballando colaborativamente con textos literarios na procura de receitas ocultas na maxia das palabras.

Hai historias que arrecenden ao chocolate e contos cargados dos máis apetitosos recordos. Navegaremos por eles até atopar as mellores pistas para o éxito culinario e así pois, poñernos mans á masa. Que non vai ser todo papar!

Cociña, letras, memoria, amizade...Xa temos varios ingredientes para un obradoiro do máis apetitoso no que sí se xoga coa comida!