Cidade Imaxinaria

Cabezudos con rodas, ollos que voan, marionetas de carne e óso, magos que non saben facer maxia, titiriteiros, zancudos, pallasos, malabaristas... O sábado 24 de agosto de 2013, o Gaiás volverá converterse nunha Cidade Imaxinaria, todo un día cheo de espectáculos, xogos e obradoiros ao aire libre para toda a familia. 

De 11:30 a 20:30 horas, a Cidade da Cultura volverá ao mundo da maxia, o teatro e o xogo nun ambiente cheo de cor, humor e música no que gozarán grandes e pequenos.

+ info: Consulta a programación no Dossier de prensa e sitúate a través do mapa (Documentos accesibles na pestaña de Descargas)