Canto de Ultreia. Os cantos dos peregrinos de Santiago

O Día dos Museos péchase con Canto de Ultreia. Os cantos dos peregrinos de Santiago, un concerto/conferencia a cargo do grupo de música antiga Resonet

Dende os primeiros tempos, as músicas tradicionais e as litúrxicas se alternaron sen pausa nos espazos e nos templos dos camiños de Santiago. O Canto de Ultreia (Dum Pater Familias), recollido no Códice Calixtino, serviría como base para as máis importantes músicas de peregrinos de Santiago, como La Grande Chanson. Cada cancioneiro tradicional de cada unha das linguas europeas ten cantos nos que se fai referencia á peregrinación a Compostela.

As músicas de este concerto-conferencia son unha pequena viaxe polas músicas da peregrinación a Santiago, que atoparon no Camiño a liña de unión de músicas avangardistas, músicas ancestráis, músicas virtuosas, músicas humildes e músicas ricas de diferentes procedencias e en diferentes linguas.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas