A III Xornada de bibliotecas públicas de Galicia pon o foco na función integradora das bibliotecas e na súa capacidade para estimular a cohesión social, facilitando a participación cidadá e a solidariedade.
Promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, o encontro celebrarase o luns 25 de outubro no Auditorio Neira Vilas e está especialmente dirixido ao persoal traballador da Rede de bibliotecas Públicas de Galicia.
Á procura de novas ferramentas e perspectivas para a consolidación das bibliotecas como espazos abertos e participativos, de inclusión e integración, e de relación interxeracional, a xornada procura congregar á comunidade bibliotecaria galega nun foro de diálogo cara a revelación e formulación de novas propostas arredor destas grandes temáticas.
Á participación é de balde previa inscrición na web e o evento tamén poderá seguirse en liña a través da canle YouTube da Cidade da Cultura.
O programa
09.30 | Recepción |
10.00 | Benvida e apertura da xornada |
Anxo Manuel Lorenzo Suárez. Secretario Xeral de Cultura | |
10.15 | A biblioteca solidaria |
David Martínez Ayllón. Biblioteca Pública de Cuenca | |
11.00 | Mesa de experiencias. A biblioteca participativa e aberta a todas as idades |
|
|
12.00 | Pausa café |
12.30 | Mesa de experiencias. A biblioteca inclusiva e integradora |
|
|
13.30 | Entrega do Premio á innovación bibliotecaria 2021 |
13.45 | Conclusións e peche |
Contidos
Con esta xornada tratarase de afondar na función integradora das bibliotecas en torno ás seguintes áreas:
A biblioteca inclusiva e integradora | Trátase de visibilizar a capacidade da biblioteca para funcionar como centro integrador, mediante a prestación de servizos e a posta en marcha de programas orientados a persoas desfavorecidas, pertencentes a minorías ou con dificultades de integración social.
A biblioteca como espazo de relación interxeracional | As condicións de vida actuais non favorecen a convivencia entre distintas xeracións, e as persoas maiores corren o risco do empobrecemento das súas relacións e de illamento. As bibliotecas poden contribuír a reducir esta separación a través de espazos e actividades que favorezan o intercambio e a convivencia.
A biblioteca aberta e participativa | A biblioteca pode erixirse en centro cultural e social de referencia na comunidade, a través da relación, cooperación e coordinación con outros centros e institucións activos na contorna. Ao mesmo tempo, pode contribuír á construción dunha sociedade máis madura, consciente e integradora facilitando a participación cidadá e a consolidación de relacións sociais positivas, a través da colaboración con diversos colectivos e institucións.
A Xornada pecharase coa entrega do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2021.
