Que comían os galegos hai máis de 2000 anos? Como podería ser un banquete nun castro? Imos viaxar coa imaxinación por diferentes pratos do menú dun castro galego. Descubriremos, e tamén descartaremos, aqueles alimentos que poderían ter comido e como e onde puideron cociñalos. Todo, apoiándonos nas evidencias e pistas que nos ofrece a arqueoloxía. Mesmo tomaremos contacto con auténticos obxectos arqueolóxicos relacionados coa alimentación castrexa.
Logo, cada asistente poderá fabricar a súa propia peza de vaixela castrexa, empregando as mesmas técnicas e materiais empregados daquela. Traballaremos baixo as indicacións de ceramistas expertos na reproducción de pezas de olaría castrexa, autores da maior e máis fundamentada colección de réplicas de cultura material castrexa realizada en Galicia.

