Atardecer no Gaiás ofrece este xoves o pop solleiro, hipnótico e optimista de Aries, o proxecto da exElectronikinis e ExCharades Isabel Fernández Reviriego.
Na praza central do Gaiás, esta bilbaína afincada en Vigo presentará o seu segundo traballo, Mermelada dorada, no que lle dá renda solta a súa personalisima visión do universo pop con cancións que nos farán gozar ata que se poña o sol.



