Ano Internacional dos Legumes

O Mes da Ciencia comeza na Biblioteca de Galicia recordando que este 2016 foi declarado por Nacións Unidas como Ano Internacional dos Legumes. Un nomeamento que, entre outros obxectivos, busca sensibilizar á poboación sobre as súas vantaxes nutricionais. Neste contexto, e sabendo da importancia de fomentar accións de divulgación científica sobre as leguminosas, o Grupo de Investigación de Bioloxía de Agrosistemas da MBG propón este obradoiro no que coñecer un pouco máis as propiedades dos legumes a través das seguintes actividades a celebrar en familia:

  • Especies e variedades de leguminosa, cantas coñeces?
  • Fases de xerminación e crecemento da planta
  • Degustación de nuñas
  • Sesión de mini-documentais sobre leguminosas.
  • Simbioses Leguminosa-Rhizobium: Na última parte do obradoiro sacaremos as lupas binoculares para observar uns singulares bultiños (nódulos) que as leguminosas teñen nas raíces. Parecen cousa normal pero na realidade teñen que ver cunhas bacterias que viven no solo.

Todos os participantes levarán un recordo do obradoiro para casa.