AnimandoNós

Valéndonos das imaxes do álbum Nós de Castelao e atendendo ao seu estilo e capacidade de síntese, os participantes neste obradoiro tratarán de reproducir o trazo da súa obra utilizando os medios audiovisuais para realizar unha pequena curta de animación en stop-motion.

A través do audiovisual trataremos de afondar nas historias que aparecen nas láminas. Para iso, os participantes terán que facer un exercicio de inventiva e elaborar un pequeno guión cinematográfico. A partir de aí os participantes elaborarán os personaxes e comezarán a animación da curtametraxe.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas