As 7 caixas | O pentágono

Esta caixa está dedicada ao harmonioso pentágono, para quen o espazo é natural, e que se revela de permanecer no plano para despregarse no espazo con proporción áurea.

A relación entre a diagonal do pentágono e o seu lado é o número de ouro φ ( phi), que nos fala da proporción áurea que gardan os edificios, as esculturas, moitos obxectos, ou partes do noso corpo, pero sobre todo proporcións que atopamos na natureza.

Pentágonos e estrelas pentagonais de madeira e bridas e carretes de trapiño serán as ferramentas de construción.

O número de pezas de cada tipo é o que fai falta para construír un dodecaedro de cada tipo: un de pentágonos regulares e outro de estrelas pentagonais. Pero iso é só só o principio.

  • Xogos propostos:

> A estrela pitagórica. A partir dos vértices do pentágono e o fío, debuxamos unha estrela de cinco puntas.

> O dodecaedro. Construímos un poliedro de 12 caras cos pentágonos. Tamén podemos construír outro poliedro coas estrelas pentagonais ou mesturar ambas pezas.

 [Xogos propostos por Maushaus]