Estas formas están baseadas en estruturas naturais microscópicas: non teñen esquinas, nin unha xeometría determinada, con todo, son eficientes. A natureza sempre constrúe empregando a menor enerxía posible para conseguir cubrir as súas necesidades.
As 15 formas fabricadas en diferentes tamaños producíronse en madeira laminada. Estas pezas permítennos o xogo libre, sen instrucións nin obxectivos.
Trátase de que grandes e pequenas e pequenos experimentemos con estas pezas indeterminadas e proxectemos nelas a nosa imaxinación.
O proxecto baséase na aprendizaxe activa e ten o propósito de desenvolver a creatividade e a autonomía, afastándonos dos estereotipos.
[Xogos propostos por Maria Mallo]

