1º FORO GALEGO DE EMPRESAS DE XESTION DE SERVIZOS EDUCATIVOS, DE LECER, SOCIAIS, CULTURAIS E DEPORTIVOS
DATA: 26 de marzo 2014
HORA: De 16:30 horas a 20:00 horas.
LUGAR: Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).
INSCRICIÓN: Gratuíta
A quen vai dirixido: A todas aquelas empresas e empresarios/as que presten servizos de xestión de servizos educativos, de lecer, sociais, culturais, deportivos, animación e eventos na comunidade galega.
Obxectivo do Foro:
- Crear un punto de encontro entre as empresas do sector, e debater sobre os problemas cos que nos atopamos a diario e buscar solucións prácticas para todos.
- Recoller de primeira man todas as inquietudes do sector de cara a trasladar as mesmas á administración e ás partes interesadas.
- Informar das xestións realizadas ate o momento por GALESED para a regulación e profesionalización do sector en Galicia; e a súa contribución a nivel estatal a través de FOESC (Federación Estatal de Empresas de Lecer Educativo e Sociocultural)
- Concienciar a todos os asistentes da importancia de ser un colectivo unido, forte e cun criterio común.
- Informar do plan de traballo da asociación para o ano 2014.
PROGRAMA:
16:30 h.- Recepción e benvida.
17:00 h.- Presentación da xornada e dos asistentes.
17:10 h.- Desenrolo dos diferentes temas a tratar.
19:30 h.- Recapitulación dos asuntos e acordos tratados.
20:00 h.- Fin e clausura
Temas a tratar:
- ¿Cómo afecta o noso sector a nova lei de administracións locais?
- O IVA e todala problemática surxida.
- Novas tablas salariais. II Convenio Marco Estatal de Convenio colectivo marco estatal de ocio educativo y animación sociocultural.
- Recoñecemento por parte da Administración da labor desenrolada polas empresas como dinamizadoras da económia.
- Competencia desleal e economía somerxida.
- Accións a desenrolar de cara a campaña de verán.
- Acordos actuais e en estudo.
- Programación do calendario de xornadas de experiencia e formación interactiva para xerentes e directivos.
Quen é GALESED:
GALESED, é a ASOCIACIÓN GALEGA DE EMPRESARIOS/AS DE XESTION DE SERVIZOS EDUCATIVOS, DE LECER, SOCIAIS, CULTURAIS E DEPORTIVOS, entidade membro de FOESC (Federación Estatal de Empresas de Ocio Educativo y Animación Sociocultural) e adheridos a CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais).
Constituída en febreiro de 2008 por un grupo de empresas representativas do sector e que compartían as mesmas inquedanzas e perseguían os mesmos obxectivos.
Desde o comezo de GALESED, apostouse pola unión do sector e a súa profesionalización; e estase traballando na firma de acordos marco con outras asociacións e entidades que beneficien a todas as persoas asociadas.
Creemos firmemente que debemos unir forzas para defender o noso campo, traballar por un ben común e loitar polo noso futuro.
Si pensas igual que nós VEN e ACHEGA a túa experiencia e visión. Todos estamos no mesmo barco.
Agradecemento:
Por último, queremos agradecer ás empresas que se puxeron en contacto connosco e animáronnos a convocar este foro, tan importante para todos nós. Todos necesitamos estar máis unidos que nunca xa que unicamente a forza de grupo fará que esta situación que atravesamos, sexa máis doada de levar.
Moitas grazas polo voso apoio! Esperámoste.
CONTACTO: galesed@gmail.com - Tel: 649 432 234
Fdo. Directiva de GALESED