O xoves 4 de outubro terá lugar no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura o "Taller para comunicar de forma eficaz", encadrado dentro do programa Galicia Open Future. A sesión está dirixida ás persoas emprendedoras e empresas que participan nesta edición do Galicia Open Future e será impartida por Álvaro Otero, de Atlántica Comunicación, firma especializada en comunicación online e offline, consultoría e xestión das relacións cos medios de comunicación.
Galicia Open Future é o proxecto de crowdworking, impulsado na Cidade da Cultura por Teléfonica e a Xunta de Galicia a través da Amtega, destinado a impulsar iniciativas de emprendemento en todos os sectores, especialmente no ámbito das TICs.
A edición de 2018 do Galicia Open Future titúlase Retos Industria 4.0 e procura dirixir o talento emprendedor a resolver problemas concretos da industria galega, impulsando o sector industrial de Galicia, e aspirando a posicionarse como punto de conexión entre o talento emprendedor innovador, local e internacional, e as empresas tractoras de Galicia.