Rock en familia: Queenmanía | Verán no Gaiás 2023

A programación de Verán no Gaiás para as familias achéganos un espectáculo musical para revivir a maxia da música en directo de Queen, unha das bandas de rock máis relevantes da historia.

Rock en Familia pon en escena na Cidade da Cultura o seu espectáculo Queenmanía. O grupo Play the Game rende homenaxe á banda de Freddie Mercury reproducindo ao detalle tanto a estética como o son co que os británicos conquistaron os escenarios de medio mundo. Un espectáculo pola súa historia e temas máis míticos nunha linguaxe adaptada ao público máis novo que fará que maiores e cativada bailen e se emocionen nunha mesma sesión.

MIRA O VÍDEO PARA SABER MÁIS:

 
En familia
 
8 de xuño de 2024
Ás 11.30 e ás 12.00 horas