Nexos: A quimera da conciliación. Crianza, coidados e traballo doméstico no século XXI

En boa parte dos países occidentais se vén detectando, dun tempo a esta parte, as grandes dificultades que teñen pais e nais para compaxinar a crianza das fillas e fillos coa súa actividade laboral. Esta problemática, que afecta ás expectativas de fecundidade, e polo tanto á demografía, foi tomada en consideración polos gobernos a través das chamadas políticas de conciliación. A cuestión é que esas políticas apenas enfrontan as causas estruturais do fenómeno: o tránsito da familia extensa á nuclear, a redución dos salarios e a temporalidade do emprego, a disolución das redes comunitarias de axuda mutua, a mercantilización dos coidados, o retraso na idade de xubilación... Nesta sesión veremos como a maternidade e os coidados son unha atalaia idónea para analizar as contradicións da sociedade na que vivimos. 

12:00 | Relatorio: Carolina del Olmo. Filósofa e xestora cultural. Directora da revista Minerva e directora de publicacións do Círculo de Bellas Artes de Madrid. Formou parte do Observatorio Metropolitano e do colectivo Ladinamo. O seu libro “¿Dónde está mi tribu? Maternidad y crianza en una sociedad individualista” (Clave Intelectual, 2013) vai pola súa novena edición.

13:15 | Performance: Espazo Aberto. A escola de teatro Espazo Aberto celebra con nós o seu 25 aniversario cunha metáfora escénica sobre o transcorrer do tempo na vida laboral de calquera. Actúan: Alicia Casas, Roi Fernández, Borja Limeres, Paula López, Yolanda Martínez e Alejandra Tomé. Espectáculo creado para o ciclo NEXOS.

 
Letras & Pensamento
 
Do 27 de Xaneiro ao 16 de Xuño de 2018
De 12 a 14 horas