Nexos Infantil 2018: A quimera da conciliación. Crianza, coidados e traballo doméstico no Século XXI

Quen coida de min? Quen fai o meu almorzo? Quen me leva á escola? Como é posible que a miña cama apareza “milagrosamente” feita no breve tempo no que me aseo? Como chega a comida, a luz, á miña casa? De onde sae a roupa limpa? Por que a miña familia ten tan pouco tempo para xogar comigo? Por que teño que estar tantas horas no cole, e non me queda tempo para facer outras cousas? Cantas cousas hai que facer nun día?

Para esta sesión de NEXOS INFANTIL traballaremos a conciliación desde a óptica da infancia. Xogando con dinámicas de roles descubriremos quen fai que na nosa familia, e canto fai cada quen.

Crearemos un gran horario colectivo no que deberemos conseguir repartirnos as tarefas cotiás (as persoais e as colectivas), e que nos axudará a comprender o difícil que é ter tantas responsabilidades e compaxinalas, valorando así o que fan nais e pais a diario e aprendendo a detectar tanto os desequilibrios como as asignacións de xénero que facemos sen decatarnos. 

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
Convocatoria aberta
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h