Magic Space. A maxia das estrelas | Pedro Volta | Verán no Gaiás 2023

O Universo está cheo de misterios por descubrir, viaxes interestelares, buracos negros, a chegada a Marte, multiversos onde o tempo é relativo. O ilusionista galego Pedro Volta presenta o espectáculo Magic Space. A maxia das estrelas, no marco da programación do Verán no Gaiás.

Trátase dunha proposta para exterior nun formato moderno e urbano no que por medio dunha gran pantalla sorprenderá ao público con insólitos e modernos efectos de maxia e no que mostrará un artefacto, inspirado na Nasa, colgado dun guindastre. Con el vai simular algún dos adestramentos dos astronautas antes de ir ao espazo. E é que para Pedro Volta o primeiro e maior truco de maxia foi o mesmo Big Bang.

Aínda que non as vexas... a maxia das estrelas sempre está aí fóra!

 

 
En familia
 
8 de xuño de 2024
Ás 11.30 e ás 12.00 horas