Bibliotecas no espello. Unha viaxe polo libro e a literatura a través das edicións facsímiles

Esta exposición forma parte das actividades anuais do programa Nortear, creado en 2015 a través dun memorando de entendemento asinado entre a daquela denominada Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (agora Consellería de Cultura e Turismo), a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal.

Esta exposición leva o título Bibliotecas no espello. Unha viaxe polo libro e a literatura a través das edicións facsímiles. Amosa, cunha selección de 80 libros de producción literaria, a riqueza do patrimonio literario e librario de Galicia e Portugal a través das edicións facsimiles que abrange desde o século XI á actualidade.

Está comisariada por Ignacio Cabano, técnico bibliotecario da Biblioteca de Galicia e por Ana Araujo, técnica da Dirección Regional de Cultura do Norte.

Con esta mostra preténdese reflectir a evolución conxunta dos dou territorios e a paulatina separación dos seus camiños nos últimos séculos, a través da súa produción literaria e editorial máis salientable.

Divídese en dúas grandes áreas

  • Libro medieval, códices e literatura galaicoportuguesa
  • Libro moderno e contemporáneo, na que xa se divide na parte correspondente a Galicia e outra de Portugal.

Co obxecto de contar cos libros máis importantes realizados no noso territorio desde o século XI, utilízanse as súas edicións facsimilares, que son reproduccións precisas destes documentos antigos de gran valor.

Os facsímiles convértense, así, en espellos dunha realidade bibliográfica. Reflicten a cultura galega e portuguesa asentada no papel ou no pergamiño e seguen a vella tradición da copia, antes manuscrita e despois impresa. Os libros expostos son a mellor oportunidade de crear unha biblioteca que sería imposible sen este recurso. Unha biblioteca que percorre en paralelo á historia dos dous territorios e as súas xentes.

Dos libros que se poden ver na mostra cómpre destacar pola súa importancia ou beleza os seguintes:

- Na sección de códices, as Cantigas de Santa María, a Biblia Kennicott, o Códex Calixtino...

- Na sección de libro galego moderno e contemporáneo, destacan as edicións do Prerexurdimento e Rexurdimento, con primeiras edicións de autores como Rosalía de Castro (Cantares Gallegos), Manuel Murguía (Los precursores), Eduardo Pondal (Queixumes dos pinos), Curros Enríquez (Aires da miña terra), etc, ata un autor contemporáneo coma Carlos Casares (As laranxas máis laranxas de todas as laranxas).

- Entre os libros portugueses modernos e contemporáreos están as primeiras edicións de Camões (Os lusiadas), Eça de Queiroz (Os maias), Pessoa (Mensagem), ata a actualidade con mecanuscritos de Saramago (Claraboia) e de Agustina Blessa (Ternos guerreiros). 

 
Exposicións
 
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h