The Limboos

Só pasaron tres anos desde que o exótico tren de The Limboos se puxo en marcha pero a súa música xa os catapultou como unha das bandas máis sólidas e bailongas do panorama actual.

No seu primeiro traballo, Space Mambo (Penniman Records, 2014), presentaron unha contaxiosa colección de cancións propias nas que actualizan o mellor do Rhythm and Blues, aderezándoo con ritmos e influencias latinas. Agora, veñen de sacar un single que serve de adianto ao seu segundo disco: I need your lovin' / I'm a fool (just to love you). Dúas caras, unha para cada vertente do seu son: I need your lovin' é un frenético tema de R&B que fará saltar polos aires as pistas de baile. E na outra cara atópase I'm a fool (just to love you), un medio tempo no que se achegan ao soul e ao son blue beat de xeito maxistral.

 
Música & Escena
 

Música

  • (1)