DJ Bigote Mix + Cine: Sigur Ros-Heima

Atardecer no Gaiás celebra a terceira sesión de cine ao aire libre, coa proxección de Sigur Rós-Heima, documental que recolle a xira realizada pola banda Sigur Rós durante o verán de 2006 por Islandia.

Heima, en islandés, significa En casa. Significa fogar, país de orixe. E ese é o título do documental rodado por Sigur Rós na contorna que os creou. Gravado ao longo do verán de 2006 en innumerables puntos da xeografía islandesa (pobos pantasma, fábricas de conservas, parques nacionais, glaciares, pero tamén cidades e mega-concertos), Heima coloca paisaxes que quitan o impo e os úne a reflexións do grupo. E tamén, por suposto, a cancións (dúas delas inéditas ata o momento). A música espectacular mestúrase cun país espectacular. Un grupo excepcional metido nun escenario excepcional. Un documental meticuloso e coidado que é tamén unha proba de amor cara ao son e ás raíces.

Previamente á película, a praza central acollerá unha sesión DJ temática a cargo de Bigote Mix, nome detrás do que se agacha cando pincha o pervertido musical compostelano Marcelino B. Dende principios de século vai realizando unha serie de CDs de misturas que demostran que non é o millor DJ nin o máis guapo, pero si o máis carallante. Toca calquera pau sen medo ás críticas, única finalidade é a diversión (tamén a del). Cumbia, Electro, Funk Brasileiro, Kuduro, Pop, Tribal Guarachero, Corridos, Nu-Rave, Rumba e moito pun-chis-pa-chis.

 
Música & Escena
 
 
00:00