O Gaiás convértese na Cidade do Futsal

Santiago de Compostela, 09 de Maio de 2014

O Gaiás convértese esta fin de semana na Cidade do Futsal, onde deporte e lecer se complementarán para facer gozar aos máis pequenos xunto amigos e familia.

Da man do Santiago Futsal, a praza central do Gaiás acollerá numerosas actividades, todas elas de balde, desde un chutódromo con premios para aqueles que máis goles marquen, ata canastas e hinchables para os máis pequenos. Entorno a eles, estará a MiniFutsal Cup, dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, que xa ten o cupo completo.

Ademais, realizaranse multitude de sorteos, haberá un stand con roupa e merchandising do club a prezos de saldo, e recibirán a visita dos xogadores do Santiago Futsal durante toda a fin de semana.

Para máis info: santiagofutsal.com