Bus especial para Cidade Imaxinaria

Santiago de Compostela, 12 de Agosto de 2014

Xa non hai excusa para non achegarse a Cidade Imaxinaria o vindeiro 23 de agosto. A Cidade da Cultura de Galicia contará cun servizo especial de bus urbano para que todo o mundo poida subir ao Gaiás e baixar a Santiago sen ter que coller o coche ou sufrir problemas de atascos ou aparcamento.

Desde as 8:30 horas ata as 14:00 horas, a Liña 9 realizará a conexión coa Cidade da Cultura cada 60 minutos no seu percorrido habitual: Casas Novas - Santa Isabel - Galeras - San Clemente - A Senra - Virxe da Cerca - Porta do Camiño - San Pedro - Concheiros - Fontiñas - Piscinas - Multiusos Fontes do Sar - Cidade da Cultura.

E a partir das 14:00 horas, o C11 subirá ao Gaiás cunha frecuencia de 40 minutos ata as 22 horas. A saída será desde a Praza de Galicia e o itinerario o seguinte: Praza de Galicia - Ensinanza - Virxe da Cerca nº 10 - Porta do Camiño - San Roque - Basquiños - Pastoriza - Anxo Casal - Estación de autobuses - Rodríguez de Viguri (Mesón A Roda) - Berlín - Lisboa nº 5 - Londres - Rúa Fontes do Sar nº 4 - Rúa Fontes do Sar (piscinas) - Cidade da Cultura.

O prezo é o habitual: 1€ o billete ordinario e 0,55€ o escolar, sendo válidos os bonos do transporte urbano.