A exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido supón un canto á natureza virxe e amósanos como a supervivencia respectuosa coa contorna é posible. O Museo Centro Gaiás acolle durante os meses de xuño e xullo o ciclo de cine documental Clima. Cultura. Cambio, no que se abordará a dimensión social do cambio climático: o ser humano como causante, como víctima pero tamén como clave para súa solución.
Serán catro sesións formadas por unha película e unha curtametraxe nas que amosar desde as causas ás solución, desde o individuo á sociedade, desde o local ao global.
Programa
Martes, 11 de xuño. 20:00 horas.
- They will come to Town (Chegarán ás cidades). Curta animada que ilustra os dramáticos efectos do cambio climático para as nosas cidades.
- Über das Wasser (Sobre a auga). A película amosa en tres episodios moi intensos a persoas que se enfrentan a diferentes fenómenos como a seca, as inundacións e a contaminación da auga potable.
Martes, 25 de xuño. 20:00 horas.
- Was machst Du gegen den Klimawandel? (Que fas contra o cambio climático?). Salvar o mundo en dous minutos.
- Menschen-Traumen-Taten (Persoas-soños-accións). Película sobre a comunidade ecolóxica “Sieben Linden” fundada nos anos 90 por un grupo de 120 persoas.
Martes, 9 de xullo. 20:00 horas.
- Das Rad (A Roda) Curta no que se reconstrúe o desenvolvemento da humanidade e da súa tecnoloxía, relatado desde a perspectiva de dúas pedras.
- The Age of Stupid (A era da estupidez) A película combina a narrativa de ficción con información documentada coa que expón desde unha perspectiva futurista como se vai dando paso á catástrofe ecolóxica.
Martes, 23 de xullo. 20:00 horas.
- Konsequenz (Consecuencia). Esta curta describe a hipocresía do ser humano en relación cos temas da natureza e advirte á vez dos efectos dese comportamento para o medio.
- Recipes por Desaster (Recetas para o desastre). O cineasta John Webster amosa o seu ano de “dieta petrolífera”, consistente na reducción do aporte da súa familia ás emisións de CO2.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

