Quero ser maga! Vou ser mago! Se desde ben pequerrechiño ou pequerrechiña esta é a resposta da vosa cativada á recorrente pregunta de que lle gustaría ser de maior, tedes que inscribilo/a na nosa Escoliña de Merlíns e Morganas, que este ano cumpre a súa segunda edición.
Este campamento semanal de maxia dirixido e impartido por un dos ilusionistas galegos máis internacionais: Pedro Volta, quen lles ensinará aos vosos nenos e nenas un completo e variado repertorio de trucos de maxia, en formación en liña pola plataforma zoom (tres días polo semana), que rematará o sábado correspondente cun encontro presencial na Cidade da Cultura para poñer en común o aprendido durante os tres días co resto de participantes.
MATERIAL DE MERLÍN E MORGANA A TER NA CASA
.
RETO 'VIAQUA'
Esta escoliña tamén será unha aula de aprendizaxe medioambiental, xa que o ilusionista galego proporá cada día o "Reto Viaqua" no que o elemento principal do truco a facer por todos e todas será a auga.
Un xeito divertido e didáctico para que os máis pequenos e pequenas asuman e interioricen mensaxes de concienciación ambiental e se corresponsabilicen co aproveitamento responsable dos recursos naturais, sobre todo da auga.
IMPARTIDA POR UN DOS MAGOS GALEGOS MÁIS INTERNACIONAIS
Pedro Volta é un dos ilusionistas galegos más recoñecidos. Promotor e director artístico de Galicia Magic Fest, que tamén se celebrou no Gaiás na programación de Nadal do 2019/2020.
Estivo de xira por trinta cidades da China como director artístico do espectáculo Hangar 52 do prestixioso mago Yunke. É asesor máxico e creativo para o mago Yunke en El Hormiguero de Antena 3 Televisión. Foi guionista de accións do exitoso programa de Antena 3 Televisión 1,2,3 Hipnotízame. Traballou no Kennedy Center de Washington e en varios teatros de Maryland e Virxinia (EUA), contratado pola Embaixada Española. Tamén foi contratado polo Instituto Cervantes para promocionar o español a través do seu espectáculo de maxia en Sydney e Camberra (Australia).


