Has de cantar!

No ano de Rosalía, o Consello da Cultura Galega e a Cidade da Cultura poñen en marcha "Has de cantar! Os nenos e nenas cantan a Rosalía", unha iniciativa coa que os escolares de entre 8 e 12 anos encherán coas súas voces a praza exterior da Cidade da Cultura e a Praza da Quintana de Santiago de Compostela o 7 de xuño, cantando catro poemas emblemáticos de Rosalía de Castro e facéndoa moi coñecida en todo o mundo.

Pezas seleccionadas

  • Maio longo (Follas Novas), José Baldomir
  • Rosa de abril (Cantares Gallegos), Andrés Gaos
  • En Cornes (Follas Novas), Octavio Vázquez
  • Negra Sombra (Follas Novas), Juan Montes

 

Programa

  • 11:00 | Chegada en autobuses á Cidade da Cultura
  • 11:30 | Visita guiada á exposición do Museo
  • 13:00 | Ensaio
  • 14:00 | Xantar
  • 16:00 | Traslado á cidade
  • 17:30 | Actuación  na praza da Quintana
  • 19:00 | Saída de autobuses

 

Músicos

  • Director | Maximino Zumalave Caneda
  • Música | Grupo de metais Hércules Brass (dous cornos, dúas trompetas, trombón e tuba).

 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)