As 7 caixas | O triángulo e o hexágono

Un sistema construtivo fabricado en máquinas de corte por control numérico, conformado por pezas que parten do triángulo para evolucionar en hexágonos e outros polígonos complexos, e que, atándose unhas a outras, permiten a construción de habitáculos, esculturas ou calquera novo ser que xurda da imaxinación.

Os diferentes tamaños e materiais do sistema que imos atopar os xogadores nesta caixa, vannos facilitar non só unha serie de accións máis ricas, senón tamén a posibilidade de combinalas cos contidos e propostas doutras caixas.

[Xogo proposto por Sara Sangregorio de Ludolocun ]

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás