O Concerto para bebés de Paulo Lameiro é, antes que nada, un concerto onde os bebés son convidados a escoitar. Música clásica da man de temas tradicionais, pop-rock e improvisacións vogais-instrumentais nos que o público é partícipe.
Cada concerto é unha experiencia de complicidades, onde os sons e os silencios sorprenden a todos. De Monteverdi a Mozart, do cavaquinho aos didgeridoos, intercámbianse espantos e escóitanse suspiros, todo aderezado coa propia iniciativa do espectador.
14 nov 2026
De 17:30h a 18:30h






