Il Cirque d'Amore

Unha obra de teatro e un recital de ópera ao mesmo tempo. A través dunha divertida historia chea de brincadeiras para nenos e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico ben popular.

Sinopse

Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público ría dela... Con axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Figaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz?

Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, damos forma a Il Cirque d'Amore, onde un pianista, un barítono, e unha soprano viaxarán co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.

Ficha Artística

Dirección musical | Victoria Álvarez Acón
Dirección escénica | Pepablo Patiño
Escenografía e vestiario | Spela Trobec
Piano | José Manuel Yáñez
Barítono | Miguel Abalo
Soprano | Victoria Álvarez Acón

 

 
En familia