Mes da Ciencia | Ana M.ª Vieitez: científica de conto

Esta actividade, dentro da programación do Mes da Ciencia en galego da Biblioteca de Galicia, ten como fío condutor a vida de Ana Mª Vieitez, búscase por unha banda  dar a coñecer o labor desta científica galega que durante 40 anos traballou no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (CSIC), así coma a súa traxectoria que é digna de conto; o conto dunha nena que quería ser científica.

Pola outra banda,  achegar o mundo das árbores e da biotecnoloxía a través dun obradoiro experimental. Nesta parte, expoñeranse as dificultades para conservación das sementes e para a súa propagación por métodos tradicionais das principais especies forestais galegas.

Acompañarase a actividade cunha exposición de sementes e de cultivos in vitro de diferentes especies como: castiñeiros, carballos, olmos, bidueiros, cerdeiras, maceiras… coas que traballou Ana M.ª Vieitez, e continúa a traballar o grupo de Biotecnoloxía e Mellora Vexetal que ela formou.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás