Ei-ichi Negishi

"Catálise para un mundo próspero e sostible"

O eixo central sobre o que se constrúen a maioría das pequenas e grandes moléculas que forman e regulan os sistemas vivos na Terra, son cadeas de átomos de carbono dispostas en diferentes formas.
Polo tanto, un dos maiores retos da química foi sempre o de atopar maneiras para construír eses enlaces entre átomos de carbono.

O Prof. Negishi, un dos químicos orgánicos máis extensivamente citados, obtivo novos métodos para establecer enlaces carbono-carbono.

Descubriu novas reaccións usando paladio e outros metais como catalizadores (elementos que fan que unha reacción química sexa posible ou se realice máis rápido), que permitiron unir dúas moléculas. O resultado foi a formación dun novo enlace simple entre elas.

Estas reaccións melloraron, dun xeito asombroso, tanto o potencial como a eficiencia da química orgánica sintética e contribuiron substancialmente a posibilitar a construción de moléculas máis complexas, que fan mellores moitos aspectos das nosas vidas, dende a agricultura á medicina.

Podería dicirse que, dentro dos mecanismos que definen a estrutura das moléculas da vida, o Prof. Negishi deu un paso que permitiu o establecemento dunha nova arquitectura molecular.

 
Letras & Pensamento
 
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI